Índice de contidos 00:00 Comezamos a 'Revista' deste xoves 30 de xaneiro adiantando os temas dos que daremos que falar: nova colección de cromos dos equipos de fútbol base da Costa da Morte e estafas aos seguros. Tamén buscamos a última hora da declaración do presunto autor dunha malleira á muller e ao neto 09:27 Damos que falar sobre un novo álbum de todos os equipos de fútbol base da Costa da Morte. Falamos cun dos responsables da iniciativa, Alberto Pose e asistimos en directo en Corcubión á entrega dos primeiros cromos e álbums á cativada. Coñecemos tamén as coleccións de álbums que nos mandaron os revisteir@s 27:01 Desmontamos as revistas do corazón con Isi 39:51 Laretamos sobre o estilismo de Rosalía ao recoller o Grammy e a súa influencia nos adolescentes 46:00 Chamamento para atopar un can perdido e fotos dos revisteir@s 48:10 Damos que falar sobre as estafas aos seguros. Falamos co corretor de seguros Alberte Brenlla e co responsable dun taller na Coruña 01:04:46 Diego Viaño