Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 24 de decembro adiantando os contidos do programa: un médico que nos dará recomendacións de cara estas datas e os alfombristas galegos que preparan unha alfombra para a apertura da Porta Santa 01:36 Desde Lugo comprobamos en directo os pratos que os hostaleiros preparan para a cea desta noite 05:45 As revistas do corazón, con Isi 15:47 Como se preparan para esta Noiteboa os maiores das residencias de anciáns e consello do médico do hospital San Rafael Manuel Viso. Deunos recomendacións para estes días, falounos da chegada, a fin de semana, das vacinas e da nova cepa que, ao parecer, detectaron no Reino Unido 30:33 En directo na praza de abastos de Santiago, onde vimos ringleiras nos postos do peixe. Tamén entramos en directo nun cocedoiro de marisco de Lugo, onde están moi atarefados para esta noite e mañá 42:37 Consellos para montar unha mesa para estas datas 49:24 Tempo para a horta, con Mercedes Nodar. Esta mañá ensinounos