Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes de Noiteboa adiantando os nosos temas: roupa elegante ou de andar pola casa para esta noite e comidas familiares ou solidarias 07:46 Tempo de 'O agro' 13:47 Falamos sobre a roupa para esta Noiteboa. Modelos para saír cear fóra ou quedar na casa. Non faltaron os xerseis extravagantes que cada ano están máis de moda 26:57 Laretamos sobre o ex-sogro que agasallou o ex-xenro cun décimo de Nadal e tocoulles o Gordo 31:14 Fotos que nos mandan os revisteir@s 32:29 Falamos sobre as distintas opcións de menú para esta noite. Comprobamos os preparativos dun restaurante onde esta noite cearán 250 persoas. Visitamos a cociña económica de Santiago. Porque o importante non é o marisco, senón a compaña 55:21 Noelia Rodríguez tráenos bo tempo para estes días 58:10 Despedimos 'A revista' desta Noiteboa desexándovos bo Nadal e amosando as imaxes de Papa Noel saíndo da Laponia. O Apalpador ven tamén de camiño