Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 21 de novembro adiantando contidos: celebramos o Día Mundial da Televisión lembrando momentos históricos da TVG e reflexionamos sobre a reciclaxe 05:22 Na sección 'O que faltaba' &coñecemos como coidar os nosos microondas 14:54 Semana Europea da Prevención de Residuos. Aprendemos a reciclar e desmontamos mitos cun responsable de Ecoembes e estamos en directo na Coruña para coñecer a iniciativa dun grupo de restaurantes que tratan de ter canta menos desperdicios mellor 31:59 O princípe Carlos abandona as sús funcións públicas 34:45 O galego Jorge Vázquez ficha por Pertegaz 36:06 O secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, fálanos das consecuencias da sentenza que obriga a Ryanair a devolver os cartos que lle cobrou a unha muller por levar equipaxe de man 39:36 No Día Mundial da Televisión, facemos un percorrido histórico e simpático pola TVG. Falamos con Gayoso, Lucía Regueiro e Moncho Lemos. Conectam