Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 18 de decembro comprobando en directo a visita da borrasca Elsa 01:34 Falamos dos eventos solidarios que se organizan polo Nadal. Visitounos Chus Piñeiro, organizadora das ceas de Nadal do Paluso, que se fan na alameda de Santiago. E directo fomos ata Vigo onde xa comezou unha feira de Nadal para facer donativos a varias organizacións 15:15 Visitamos con Carmiña Blanco o belén con material reciclado que fixeron no lugar de Porto, en Pontecesures. Empregaron millo e material de refugallo. Non faltan nin as lampreas 20:15 Laretamos sobre unhas imaxes inéditas que amosan o Apalpador camiñando polo Courel co seu trasno. Tamén se ven imaxes de corzos e osos que habitan na zona 23:39 Postais e fotos que nos mandan os revisteir@s 26:22 Falamos sobre a fauna salvaxe que sae dos montes para instalarse en vilas e cidades. O mestre de veterinaria Luís Fidalgo achegounos consellos para convivir do mellor xeito con estes animais. Atende