Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 17 de decembro comentando a sentenza de Diana Quer. Prisión permanente revisable para o Chicle. Analizámola co avogado penalista Alejandro Vega 07:23 Presentamos os temas dos que falaremos: os bonecos realistas e consellos para os agasallos de Nadal 11:33 Tempo de 'O agro' 16:37 Bonecos realistas empregados en terapias para persoas con demencias. Falamos cunha psicóloga e imos ata un local en Vigo onde os crean 29:57 Laretamos sobre a nova recomendación de Sanidade que di que chuchar as cabezas e as patas do marisco pode provocar problemas de ril e mesmo cancro 33:09 Fotos que nos mandan os revisteir@s 34:59 Consellos para Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos, para que teñan sentidiño á hora de elixir os agasallos de Nadal. Visitamos unha tenda con regalos tradicionais e falamos co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia 49:44 Mabel Montes adiántanos os avisos para mañá. Esta noite entra outro temporal