Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste venres 13 de decembro adiantando os temas dos que falaremos: as comidas, merendas ou ceas de empresa e consellos para consumir peixe 07:54 Octavio Villazala desvélanos o animal co que nos vai sorprender esta mañá 08:30 Falaremos sobre o consumo de peixe. Consellos saudables da nosa nutricionista Lidia Folgar. Estivemos en directo na praza de abastos con Pepa, unha 'influencer' que nos axudou a escoller o produto, e asistimos á final de OPROCHEF, concurso infantil onde a cativada elaborou a receita e cociñou pratos con peixe 29:30 Laretamos sobre Ricardo Esteves, coñecido como o 'padre sexy', un párroco portugués que acaba de gravar un vídeo facendo de cupido para namorar unha parella 33:18 Fotos dos revisteir@s 35:02 Falamos sobre as comidas, merendas ou ceas de empresa. Consellos para sobrevivir a elas e saír o máis airosos posible. Fomos en directo ata un restaurante para comprobar como son as horas previas a estes eventos 48:51 O