"Malayaka" significa 'anxo' en suahili; pero para nós este nome é moitas máis cousas. Así se chamou unha bebé que estaba destinada a unha morte segura e que finalmente puido sobrevivir e construír o seu propio futuro. Todo foi grazas a Robert Fleming, un americano que lle salvou a vida e creou para coidala unha casa de acollida en Entebbe, en Uganda, un fogar ao que foron chegando outras vítimas de abuso e de abandono. Esa foi a orixe dun proxecto, Malayaka House, que hoxe en día acolle máis de corenta nenos. E del imos falar con Beatriz Gutiérrez e Per Rueda.