Os máis pequenos, nenas, nenos e adolescentes teñen o mesmo dereito que nós, os adultos, a que escoitemos as súas opinións e a participar en todo aquilo que lles afecta. Precisamente, conseguilo é un dos obxectivos dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente de Unicef. Eses consellos teñen un encontro a nivel galego e desenvólvese en Castrelo de Miño este sábado.