Falamos dunha historia de superación, a de Cristy Tojo, unha compostelá de 32 anos que acaba de facerse coa medalla de ouro no Campionato Europeo de Parakárate. Cristy é cega do ollo dereito pero iso non lle impediu facer deporte dende pequena. É máis, o kárate foi o seu motor vital. Agora a medalla de ouro quere que sirva para visibilizar os deportistas con diversidade funcional, capaces, como os demais, de chegar ao máis alto.É unha das clases de kárate que Cristy Tojo imparte no seu club en Santiago. A docencia ocúpalle moitas horas e esforzos, pero tamén lle regalou grandes satisfaccións. Ela di que a súa relación co kárate dende os inicios sempre foi de amor.Cristy Tojo. Campioa europea de parakárate na modalide de diversidade visual : "Os meus comezos son bastante curiosos porque eu vía Dragonball entón eu quería facer a onda vital como Son Goku, gustábanme as artes marciais. Como son cega do ollo dereito, cando era pequena, un médico de Negreira recomendoume que fixese kárate pa