Estamos no verán e un dos clásicos, por desgraza, desta época é o abandono das mascotas, principalmente cans e gatos, que se volven un estorbo para os seus donos. Unha situación que non só se restrinxe ao tempo estival, senón que ultimamente xa se vén repetindo ao longo de todo o ano e que ademais deixa as protectoras e as canceiras ao límite da súa capacidade; moitas xa non poden acoller máis animais. De todo isto imos falar con Gloria Cubas, presidenta da protectora Os Palleiros, bos días..