É un dos grandes empeños de moitas familias, de moitos pais de nenos que sofren unha discapacidade intelectual. Eles, pais e nenos, foron crecendo, e o paso do tempo engádelles a preocupación de quen os vai coidar no momento no que eles non poidan ou xa non estean.A residencia de Aspanaex, unha asociación que traballa a favor das persoas con discapacidade intelectual, é a resposta. Unha realidade que se vai construíndo pouco a pouco e para a que toda axuda é necesaria. Teresa Galisteo, presidenta de Aspanaex, asociación en favor das persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.