Ninguén o diría, pero os datos din que nas últimas décadas o consumo de pan descendeu á metade nos fogares españois; con todo, segue sendo un dos produtos que non faltan na nosa cociña, especialmente nas galegas, somos unha das comunidades que máis consome, unha media duns corenta quilos anuais por habitante. A partir do 1 de xullo o pan estará regulado por lei. O obxectivo é promover o seu consumo, asegurar a súa calidade e evitar as fraudes que están presentes neste sector. De todo isto falamos con Marcial Grela, presidente da Asociación Profesional de Panadeiros Artesáns.E veremos unha reportaxe da panadería Amaquía do Porriño, Pontevedra, que fai o mellor pan de Galicia e un dos mellores de España. Iso é, polo menos, o que significa o premio Miga de Ouro 2019, que gañou entre os 40 mellores panadeiros galegos, e a estrela española que obtivo en 2018.