Actor, director, escritor, mestre de actores e unha das figuras máis destacadas da escena teatral internacional. Falamos de John Strasberg, fillo da actriz Paula Strasberg e de Lee Strasberg, director do mítico Actors Studio de Nova York e un dos principais impulsores do coñecido como o Método. John vai estar en Galicia nos vindeiros días deste mes de xuño. E non é a primeira vez. Desta volta repite coas leccións maxistrais de actuación, que se van celebrar no Teatro Colón, e das que imos falar con Mateo Franco, organizador destas xornadas..