Cataleya, Arya, Neizan, Leo ou Gael; pode que non lles soen demasiado, pero son os nomes con menor idade media en España, lévanos bebés de entre 1 e dous anos. Sábemolo por un informe que publica hoxe o INE e que tamén confirma que no lado oposto, os nomes máis antigos de España son Afrodisia e Auxilio.Non cabe dúbida de que a de Xosé é unha familia que está á moda, polo menos a día de hoxe, Antonio e Mari Carmen son os nomes máis comúns dentro da media de idade de 56 anos. Xosé, un imprescindible, mantense firme na lista. Nesa media, na rúa, atopamos unha Carmen que segue apostando polos clásicos nas novas xeracións e algún pequeno que lle puxeron a versión galega destes dous nomes tan elixidos.Son os últimos datos sobre nomes comúns que recolle o Instituto Nacional de Estatística. Os máis antigos, uns case esquecidos ou descoñecidos para moitos Afrodisia e Auxilio. No lado oposto, Dylan, Gael, Aylan, Cataleya ou Niedziela, pertencentes a bebés de 1 a 2 anos. Pero, cales son os nomes