España rexistrou o ano pasado o peor dato de natalidade desde 1941. Segundo o INE rexistráronse 179.794 nacementos na primeira metade de 2018. Datos que sinalan a gravidade deste problema e que hoxe traemos a colación xa que estamos en xuño, o mes dedicado mundialmente á esterilidade, é dicir, ás persoas que teñen problemas para concibir un fillo.Disto, e dos tratamentos e as técnicas que existen para combatela imos falar hoxe con José Codesido, director da Unidade de Reprodución Asistida Iraga, situada no hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela.