Falar de mar en Galicia é case unha obviedade, a cultura marítima está impresa no ser galego, pero todo o patrimonio que temos relacionado co mar é tan amplo case como descoñecido para a maioría. Unha das posibilidades para achegarnos a el é o encontro de embarcacións tradicionais, unha xuntanza que se celebra cada dous anos e que nesta ocasión recala no porto da Guarda o 11 de xullo. Dos preparativos imos falar con dous dos organizadores, Joaquín Cadilla, presidente da Asociación Piueiro e Manuel García Sendón, presidente de Culturmar