Índice de contidos 00:11 Presentación de contidos do programa 02:21 A ONCE e a Consellería de Educación colaboraron para elaborar protocolos especiais da prevención da Covid entre o alumnado invidente. 04:09 A día de hoxe, máis de 22.000 persoas superaron a enfermidade en Galicia, pero, despois de medio ano do inicio da pandemia, segue habendo moitas incertezas e desconcerto entre os profesionais sobre as secuelas que deixa o coronavirus. E para mostra, o testemuño dun dos primeiros pacientes ingresados en Galicia que á vez é pneumólogo 05:59 O 85% dos infectados por coronavirus logran superalo grazas ás súas propias defensas 07:45 As máscaras para protexernos fronte a covid e tamén as luvas forman xa parte da nosa vida cotiá. A maioría son de usar e tirar pero ollo, porque moitas veces non acaban onde deben.  09:24 Castro Caldelas é unha das sedes do campionato do mundo de ultra resistencia. Conectamos en directo. 14:18 Esta fin de semana non podiamos deixar de estar en Mondoñedo..al