Índice de contidos 00:01 Presentación dos contidos do programa 04:10 Sexting, grooming, ciberbullying, sextorsión, stalking, perfís falsos nas redes sociais... son conceptos que pode que a partir de determinada idade non coñezan demasiado, pero que están cada vez máis presentes entre os mozos e as mozas que navegan pola internet. Falamos de todo isto coa avogada María Jesús Bóo quen  elaborou unha guía ao respecto, destinada aos máis novos  17:15 Continúan os cribados masivos para detectar a covid no recinto feiral de Amio. conectamos en directo con Santiago de Compostela 23:57 A fervenza do Ézaro amosa estes días todo o seu explendor. Visitámola en directo para poder compartila con todos os que pola covid non nos podemos desprazar. Conectamos co concello de Dumbría. 28:33 Dígocho eu 30:31 As muras ou socalcos que acollen as videiras son a imaxe que identifica a Ribeira Sacra no mundo. Porén, hai moi poucos profesionais que dominen a cantería para reparalas ou erguelas novas. 32:25 A