125 millóns de persoas no mundo padecen psoríase, máis dun millón en España. Unha enfermidade crónica, que non ten cura, pero si tratamento. Unha doenza que, máis alá da afección á pel, ás unllas e ás articulacións, trae consigo un impacto emocional importante.  Unha carga psicosocial que teñen que sufrir os pacientes, xunto coa propia física da enfermidade, polo que a formación e a información para conseguir unha maior empatía da sociedade fanse fundamentais. Diso imos falar con Fátima Rodríguez, delegada de Acción Psoriasis en Galicia, e con Hugo Vázquez Veiga, xefe de dermatoloxía do CHUS.