O principal obxectivo da regata solar que se celebra en Baiona é desenvolver as novas tecnoloxías, a través dunha enerxía limpa, a solar. Este ano ademais inclúe unha novidade: os participantes poderán demostrar a súa destreza e imaxinación non só nesa regata, senón tamén nunha carreira de coches, tamén solares. Máis de 300 rapaces de dezasete centros escolares compiten por ter a embarcación ou o coche solar con mellor deseño e máis eficiencia. O requisito común para todos eles é que a única enerxía que empreguen sexa a solar.