#NonTemosOutroMar, así de contundente e de alarmante, como acontece coa situación que estamos vivindo. É o nome da campaña coa que esta casa, a CRTVG, se suma hoxe ás Nacións Unidos na celebración do Día Mundial dos Océanos. Antes de nada, ímola ver, e despois continuamos falando deste tema.Con esta campaña, desde aquí tamén nos unimos a esa chamada de atención sobre o risco no que están, no que estamos deixando os seres humanos, os océanos. Ademais deste spot, tamén haberá contidos e cuñas na RG e a través das nosas redes sociais. O obxectivo é común a moitas accións que se desenvolven este 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, no que a loita contra o plástico é unha vez máis o cabalo de batalla. Temos con nós a Manuel Vázquez Brañas, técnico do Centro Oceanográfico da Coruña.