Un soño recorrente entre os que se dedican ao mundo da interpretación é dar o salto a Hollywood. Hai quen non o chega a conseguir e hai quen o consegue case por unha casualidade do destino. Este último é o caso da nosa seguinte protagonista, unha galega, cantante, que debuta no cine nada menos que cunha película americana, Andrea Pousa.