Visto que acumulou outra decepción máis na súa vida amorosa, Tip e Oh intentan conseguirlle a Lucy unha cita, cada un pola súa parte. Non obstante, parece que o concepto que teñen os nenos sobre o amor é moi diferente e non acaba de convencer a Lucy. Tip leva a Oh ao parque acuático Manancial Bestial, pero o mexeriqueiro do boov non se atreve a montar nos tobogáns que alí hai. Dá a casualidade de que anda Elrod por alí, que queda canda Oh mentres Tip se divirte, pero as cousas non saen como pretende.