Dúas familias opostas. Unha, defensora dos costumes e a outra, das tendencias actuais. As nais intercambian as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia. Marisa, a nai xubilada de Cordeiro, é unha muller do país, das de toda a vida. Traballadora, ama de casa e virtuosa do punto de cruz. No chan do seu fogar pódeste ver reflectido e, como en todo bo salón galego, os tapetes feitos a man acompañan o sofá. A familia ocúpase da horta e crían galiñas e capóns que despois reparten cos fillos en datas especiais. A cociña e a lavadora son cousa dela, e aínda ten tempo para lle botar unha man ao home cos choios que día a día son precisos para ter todo o seu impecable. Será quen de aceptar unha vida sen horarios e orde? Conseguirá inculcar o seu sentidiño entre a xente nova? Superará o reto que aceptou? Arantxa é unha rapaza moderna de Vigo, seguidora das tendencias actuais. Vive co seu mozo e o deporte é o seu obxectivo común, xa que el gañou varios títulos de primeiro nivel. Ámb