Dúas familias opostas. No concello de Cea a nosa familia de interior fronte á familia costeira do concello de Bueu. Neste capítulo o intercambio producirase entre o fillo, Hugo e unha nai, Mary. Mary ten 60 anos. Estivo emigrada en Venezuela con seus pais dende os dez anos, pero retornou a Cea hai xa dúas décadas. O seu home chámase Enzo, a súa rutina xira arredor da cafetería que rexenta. O bar adoita estar cheo de peregrinos, xa que alí sérvense almorzos e ceas. “Aquí madrugamos moito, xa que abrimos o bar ás sete da mañá”. Nesta casa todos colaboran nas tarefas do fogar. O traballo é fundamental nesta familia que está acostumada ao esforzo e o traballo duro. ¿Como será a súa convivencia cun mozo de 23 anos que odia madrugar? ¿Aceptará Hugo a Enzo como xefe? ¿Ou lle contaxiará da súa alegría vital? Hugo ten 23 anos, ten máis de cen mil seguidores nas redes sociais. Iso permítelle obter uns ingresos económicos polas súas publicacións, así que non ten outro traballo. É un influence