Dúas familias opostas. Unha familia tradicional galega e outra, de nacionalidade cubana. As nais intercambias as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia. Elvira, a nai tradicional galega, vive en O Pino xunto co seu marido Alfredo e a súa filla Vanesa. Traballa como gandeira e atende diariamente as labores dos animais que cría: vacas leiteiras, porcos e capóns para a venta. Está acostumada ao traballo duro e a non dispoñer de tempo libre “é un traballo que non entende de fins de semana nin de festivos” Elvira tamén traballa dentro da casa ocupándose das tarefas domésticas posto que Alfredo é un home chapado á antigua que non sabe frixir nin un ovo. Será capaz esta nai de asumir un cambio radical e transformarse en modelo de fotografía? Conseguirá inculcar o seu amor pola agricultura na outra familia? Terminará adaptándose ás tradicións cubanas? Susel, a nai de nacionalidade cubana, vive en Culleredo. Odia a vida no campo, defínese a si mesma como u