Lucía é nai de tres fillos de 38, 34 e 21 anos que aínda viven no domicilio familiar. A pesar de que todos traballan, estudan e fan as súas vidas, aínda non se independizaron porque aseguran que están moi ben vivindo cós seus pais e, por outra banda, eses pais están encantados de telos a todos en casa como cando eran pequenos. Tanto Lucía como o seu marido Pepe, educaron aos seus fillos a través de pautas flexibles, as súas relacións familiares están baseadas no diálogo e na independencia. Lucía é unha muller de carácter doce, paciente e tranquilo, moi adecuado para o seu traballo como coidadora de nenos nun comedor infantil. Tamara e Santi son pais de dous nenos de cinco anos e ano e medio. Santi é un exmilitar que defende unha educación para os seus pequenos baseada na disciplina, na obediencia e na imposición de principios que lles inculquen valores para formarse como adultos responsables. Segundo Tamara, “o meu marido cree que aínda segue no exército e leva aos nenos como se foran