Uns, amantes da música dos oitenta e outro, da música tradicional galega. Begoña vive co seu fillo Miguel e a súa parella Eduardo en Ponteareas. Eduardo traballa nun obradoiro de gaitas no que fabrica de modo artesanal estes instrumentos, ao igual que o fixeron o seu avó e seu pai, e véndeos a través de internet. Para esta familia, a música tradicional galega forma parte da súa vida diaria. Tanto Begoña como Eduardo son moi aventureiro, namorados do deporte e do contacto coa natureza, practican todo tipo de deportes de risco. Que pasará cando descubran que a “nova nai” que lles visita non é en absoluto tradicional? Sonia e o seu marido Ángel defínense así mesmo como dous tolos da música da década dos 80 e así intentan transmitirllo á súa pequena de 3 anos Betsabé, ensinándolle as cancións e organizando coa nena festas temáticas con disfraces no salón. Ángel é músico de profesión e foi guitarrista do grupo que acompañaba ao cantante Tino Casal, na súa cas