Dúas familias opostas. Unha, do rural e outra, de asfalto. As nais intercambian as súas vidas entre si durante una semana de convivencia. Dolores, a nai do mundo rural traballa a diario na explotación gandeira e agrícola que posúe. Debido ao seu traballo non se maquilla nin se arranxa nunca, a imaxe persoal non é importante para ela e tampouco a orde nin a limpeza do seu fogar, para os que asegura non ter tampo. No seu intercambio verase obrigada a limpar e ordenar segundo as normas estritas da mamá de asfalto e ademais terán que transformarse nunha vendedora de cosméticos que leva unha manicura perfecta, vai ó salón de peiteado dúas veces por semana e coida o seu aspecto ao detalle. Paula, a nai de asfalto odia a vida no campo, nunha tivo contacto con animais de granxa nin desea telo voluntariamente e malgasta ambientador cada vez que un lixeiro olor lle afecta ao nariz, por ese motivo tampouco lle gusta cociñar. No seu intercambio verase obrigada a muxir vacas, manchars