Esther é unha nai surfista e moi ecoloxista, preocúpase por transmitir a súa preocupación polo medio ambiente aos seus fillos e educalos en valores como a reciclaxe, a recuperación e a reutilización dos produtos. A súa filosofía pasa por eliminar os plásticos da vida cotiá, o cero consumismo e o aproveitamento dos recursos. As actividades de ocio preferidas pola familia baséanse no amor pola natureza, o mar e a montaña, practican xuntos surf e escalada, acampan cós seus fillos os fins de semana viaxando en furgoneta familiar na que se aloxan. Como se desenvolverá nunha familia que considera que o cambio climático é unha farsa? Será capaz de cambiar os seus hábitos? Abandonará a casa desesperada aos tres días? Vanessa é unha nai con moito encanto, preocupada pola súa imaxe debido ao seu traballo como cantante no dúo musical Carpe Diem que forma xunto co seu marido. É unha nai consumista: os seus armarios están repletos de abelorios, plumas e zapatos de tacóns altos, imprescindibles nos