Gelo e Dolores, os xubilados de Culleredo, saben o que é facerse a un mesmo comezando dende abaixo e sendo moi novos. Gelo no mundo da banca e Dolores como secretaria dun dos avogados máis prestixiosos da Coruña. Con esforzo, tesón e sacrificio construiron un fogar e presumen de terlle dado boa educación e estudos ás dúas fillas da casa. Para o matrimonio, retirarse non supuxo parar. Todos os días atenden o xardín, o invernadoiro e a piscina. Non son de folgar: tempo sen invertir é tempo perdido.  Yoli vive en Baiona coa súa irmá pequena, Tamy. Ámbalas dúas na trintena, pouco pensan no futuro e exprimen os días todo o que poden. Invirten nelas, no seu ocio, coidado persoal e viaxan polo mundo. As redes sociais son escaparate, entretemento e ferramenta. Gozan de hoxe e traballan para poder ser felices agora. Defenden que ninguén sabe o que vai suceder mañá e, polo tanto, construír mirando ao futuro é unha perda de tempo. Para elas, a liberdade está por riba de todo. Como se afará esta