Lauri, a nai mariscadora de Campañó, comparte vida e profesión co home a quen coñeceu, hai máis de dúas décadas, entre o público do Supermartes. Traballan no mar e na súa mesa non faltan mexillóns, langostinos, ameixas ou berberechos. Non ten que ser día de festa, calquera vale. Un día cos seus ao que só hai que engadir un temazo de El Fary que o marido e a pequena da casa, normalmente, interpretan a dúo. Esta muller gusta da sinxeleza e pouco tempo, e ganas, ten para seguir a moda. Iso si, ao seu redor todo debe estar limpo como unha patena e colocado no seu lugar. Abi é unha polaca que vive en Galicia por amor. Ten vintedous anos e un filla cun home de corenta e sete, a mesma idade que o seu pai. A música "metaleira", as tatuaxes e un pub no que o negro predomina son algúns dos puntos de unión desta parella. Ademais, dende hai pouco, esta rapaza intenta debuxar un novo camiño profesional no mundo do modelaxe. Na casa de Cerceda cómense carnes exóticas, viáxase polo mundo e homes e m