Aínda que comparten xuventude, estas familias nada teñen que ver entre si. Unha cría aos fillos no campo e agradece todo o que a natureza lle ofrece. E a outra non ten descendencia e o que precisa chega envasado dende o supermercado. Durante unha semana de convivencia, tratarán de aprender o que é ser o outro. Bea é mestra de canto e apoia incondicionalmente ao seu home para que chegue a ser unha figura no mundo da música. Cando os focos se apagan, o matrimonio cría a dous pequenos na parroquia de Carracido, O Porriño. Na finca que hai ao redor da casa cultivan de todo para abastecerse ao longo do ano e crían animais para sacrificar e alimentarse. Viven conectados coa natureza e son consecuentes co mundo que van deixar aos novos. Dani vive en Narón. Traballa no exército e soña con ser director de cine, aínda que tamén lle valería reencarnarse en calquera heroe das películas dos oitenta. A súa moza quere ter fillos, pero para el nunca é o momento. O grupo de peculiares colegas que o a