Na novena gala de esta segunda temporada da Liga dos cantantes extraordinarios contamos coa visita da gañadora do concurso da CRTVG, a canción do verán, Rocío Varela. Que a parte de presentarnos o seu tema "A maxia está en ti", cantará cun dos nosos membros do xurado. O reto inicial presentase entre Boris Pico e Nando Llon, co coñecido tema "La raja de tu falda". Sairá vistorioso Boris Pico e incorporarase ó resto dos seus compañeiros e compañeiras: Alba Navarro, Irene Iglesias, Diego Barbazan, Fran Castellanos, Nakatu Palumby, Monia Borges e Rita Barreiro. Viviremos unha intensa final entre Alba Navarro e Irene Iglesias.