A detención da misteriosa asasina non é suficiente para terminar coa ameaza que existe sobre a vida de Santos. Uxía é moi consciente de que hai que atopar a persoa que encargou o seu asasinato. Por esta razón, ocorréuselle finxir que Santos está morto. Seguindo o plan feito por Uxía, na vila finxen enterrar a Santos. A noticia chega ata “Lobo 66”, a persoa que ordenou a súa morte, que finalmente decide pagarlle o traballo á asasina. Esta ocasión é perfecta para que a Garda Civil poida seguir a pista dos cartos e así resolver o enigma. Mentres tanto, os membros da cooperativa van ter que resolver algúns problemas que aparecen despois da súa alianza con Antonia.