Santos é consciente de que se non lles axuda a Peixe e a Abel, o Matachín vai acabar con eles máis cedo que tarde, e por iso non ten máis remedio que poñerse á fronte da banda para axudarlles no roubo no Pazo de Meirás. Despois de darse de conta de que Noriega os intentou enganar co prezo das figuras, non lles queda outra que gardar as antigüidades ata que todo se calme. Chegado ese momento, han de poder vendelas ao mellor ofertante. Polo momento, a Garda Civil non ten ningunha pista sobre o roubo no Pazo de Meirás, pero esta situación pode cambiar moi pronto. E para iso hai que agardar a que se incorpore ao cuartel un dos mellores investigadores do corpo, que ademais é un antigo coñecido de Santos: Roi Quiroga. E cando semellaba que todos os esforzos de Santos por deixar a vida criminal non podían ir a peor, Ingrid, a filla de Elba, sorpréndeo cun novo encargo: quere que acabe con Denís. Cal vai ser a resposta de Santos?