Once meses despois da morte de Emilio Fortes, o porto de Ardora está en folga. Castor e César aliáronse para presionar a Marcos. Non queren que o alcalde siga adiante co plan para reconverter o porto comercial nun porto turístico. A negociación entre o concello e os estibadores non chega a un acordo. E desátase a guerra. As folgas son caras e a caixa común está baleira. César ten que conseguir cartos. O porto paralizado deixouno sen o seu negocio ilícito e intenta recorrer a Covas. Pero cando ve a súa actitude, desiste. Porén, a Antón, parécelle unha boa opción: e decide roubarlle os cartos ao narco. Pero nin Castor nin César aceptan ese diñeiro. E obrigan a Antón a devolvelo. Malia o roubo, Covas admira a determinación do rapaz e proponlle en segredo traballar para el. As Fortes tampouco pasan por un bo momento. A morte de Emilio marcounas. Perderon a súa posición e poden perder a casa, algo que afecta a Mercedes, que ten que arrimar o ombro. Pero é incapaz. Non quere deixar de ser qu