O corpo dun home morto dun disparo apareceu aboiando no porto de Ardora. No pescozo varias tatuaxes. Manuela e Cruz non tardan en identificar o morto co home que asaltou a comisaría para matar a Covas. Con este novo achado, Manuela e Cruz establecen unha teoría. Se o que matou ao home tatuado foi o seu socio, foron eles os responsable da matanza do Delta e do roubo da carga? Para confirmar a súa teoría necesitan a colaboración de Covas, ao que ofrecerán un trato que non poderá rexeitar. Mentres tanto, Marcos convocou unha rolda de prensa para pedir desculpas polo escándalo e intentar recuperar a súa prometedora carreira política. Despois de saber que Emilio Fortes, o seu pai, foi a mente pensante do escándalo, Rosalía valorará axudar a Marcos a recuperar o prestixio perdido, pero o seu nunca será como antes, e menos desde que César apareceu na vida de Rosalía. A que non terá fácil recuperar a súa vida é Silvia. Sen traballo e despois do escándalo, está tendo problemas en Ardora e quere