No programa de hoxe, Adrián, Benigno e Lola reciben a chamada de Cesáreo, responsable da Protección Civil de Cangas, que lles pide axuda para montarlle unha gran festa a Modesto, un dos fundadores deste corpo en Cangas e que leva 25 anos dedicado a el. Para iso, Benigno fará o prato favorito de Modesto, unha paella mariñeira, coa axuda de Lola, que comprará todo o necesario no mercado de Cangas. E Adrián conseguirá o local, os invitados, os músicos... Todo sexa por celebrar unha gran paparota coa Protección Civil de Cangas, que ben o merecen!