No programa de hoxe, o elixido é Suso Vigo, un home que con mais de 70 anos segue en activo, incesante na súa actividade como mariño, antes no mar, e agora como armador do Montecristo. Son moitos -familia, amigos e compañeiros da confraría-, os que van axudar a que esta sorpresa sexa posible, porque todos eles queren recoñecer a traxectoria de toda unha vida de entrega e traballo.
Para que esta homenaxe teña o mellor final, Adrián convocará a Lola Gestido e Xulio Lorenzo, que cociñarán un delicioso guiso de san martiño. Asemade, chamarán a Belén Trigo, laxenxe de toda a vida, que porá en valor unha das lambetadas propias do lugar, as “chulas de romaría”. Así as cousas, todos os convocados farán posible unha súper sorpresa chea de emoción (e algunha que outra bágoas), onde non faltará a boa comida e a música!