No programa de hoxe, o elixido é Óscar Estraviz, un home que dende moi novo se centrou na formación e no voluntariado, exercendo a súa profesión con auténtica paixón. Óscar é un home moi querido polos seus compañeiros do 061, pero tamén pola súa familia, os seus amigos... Un tipo cordial, tranquilo e divertido, que será hoxe o centro da nosa homenaxe.