Como ser famosa, os preparativos dunha voda en Ardebullo e a visita dun personaxe ben coñecido a esta peculiar vila serán algunhas das tramas que poderán ver esta noite os espectadores da Televisión de Galicia nunha nova edición de “A Casa da Conexa”.
Mucha quere ser famosa, saír nas revistas e gañar moitos cartos dando exclusivas. No seu propósito, non desaproveitará a ocasión de venderlle aos xornalistas a presenza en Ardebullo dun actor moi famoso e que se encontra na súa casa. Ao final, como é habitual, as cousas mestúranse de tal maneira que nada é como parece.
Doutro lado, unha parella de moda en Ardebullo (Marta Lado e David Amor) queren casar e organizar unha voda por todo o alto. O primeiro paso que darán nos seus preparativos será a elección do menú, para o contarán co asesoramento do cociñeiro galego Pepe Solla. É máis, o restaurador visita Ardebullo non só para encargarse desta voda, senón tamén coa idea de abrir un restaurante na vila.
“Os Roncha” e a cuadrilla de obreiro