O humor o e entretemento continúan este xoves á noite na TVG cunha nova entrega de “A Casa da Conexa”. A maxia e o espectáculo volverán estar presentes na casa de Mucha e Nucha, xa que hoxe visita Ardebullo o mago Luís de Matos, moi coñecido pola audiencia da galega por ter participado noutros programas de televisión, como “Luar”.
Ademais, os espectadores da TVG verán como Mucha e Nucha teñen que ir ao banco de Ardebullo a pedir un préstamo porque precisan comprar un coche. Unha vez alí, o director do banco, interpretado por Tacho González, non lles porá as cousas nada doadas para darlles os cartos, aínda que todo cambiará cando o director se dea conta de quen son elas.
Outro contido co que os espectadores escacharán de risa será unha nova entrega de “A cociñar con Xosé Ramón”. A receita de hoxe serán peras ao viño, pero, da man de Moncho, isto vai ser un problema. Terán suficiente viño para cociñar as peras? Finalmente, de peche, unha nova versión dun tema musical moi coñecido: “Papa