As festas de Ardebullo están próximas a celebrarse. Este ano, Mucha e Nucha son membros da comisión e, como a crise tamén chegou a Ardebullo, as irmás contanlles aos espectadores algunhas curiosas e particulares propostas que teñen para que a vila celebre as festas sen meterse en moito gasto.
Por outro lado, na cociña das irmás de Ardebullo acaba hoxe o humorista, showman e comunicador Javier Coronas. Unha vez na casa e sen saber moi ben como foi parar alí, Coronas axuda a Mucha e Nucha na preparación dunha tortilla. Entre patacas e algunha que outra copa de licor café, Javier conversa coas protagonistas sobre a súa experiencia persoal facendo o Camiño de Santiago.
Ademais, o veciño Toño “o Alemán” aconsella a Mucha que contrate a internet para a casa, polo que esta decide chamar á compañía e aí é cando virá o problema, primeiro coa teleoperadora e despois co instalador, que non o terá nada doado para que a rede chegue á Casa da Conexa.
Outros momentos para escachar coa risa son as