Este xoves continúa o humor e entretemento na Televisión de Galicia cunha nova entrega do programa “A Casa da Conexa”. Mucha e Nucha volverán estar con todos os espectadores galegos para continuar amosándolles o seu particular modo de vida en Ardebullo e súas relacións cos seus veciños.
No programa de hoxe de “A Casa da Conexa” o amor estará no aire. Sobrevoará pola vila e polas vidas de Mucha e Nucha un “Cupido ao estilo Ardebullo”, que será interpretado por un dos actores galegos máis queridos pola audiencia, Carlos Blanco. O actor e monloguista chamará á porta da casa de Mucha e Nucha para deixar unha boa mostra do seu humor, do seu traballo como monologuista e, como non, para gozar con estas dúas peculiares irmás e con todos os espectadores da TVG.
Por outro lado, Mucha e Nucha continuarán ofrecendo as súas paroladas, en que habitualmente contan as súas vivenzas máis particulares, ou, coma neste caso, as dos seus veciños e coñecidos máis directos. A desta noite levará por título “