Despois do éxito acadado na primeira temporada e de converterse nas irmáns máis famosas da Televisión de Galicia, Mucha e Nucha regresan hoxe con moito máis humor e entretemento da man do seu programa “A Casa da Conexa”.
Nesta nova andaina, Mucha e Nucha volverán abrirlles a porta da súa casa a actores, comunicadores, deportistas, humoristas e artistas convidándoos a pasar un día inesquecible en Ardebullo. Continuarán as paroladas, as clases particulares de idiomas e, como novidade, as irmás abrirán un consultorio, en que atenderán as peticións e consultas dos seus seguidores.
Pero no mundo de “A Casa da Conexa” haberá un universo paralelo, en que Marcos Pereiro e Xosé A.Touriñán darán vida a novos personaxes que, de seguro, irán gañando fans semana tras semana. Personaxes como “Os Roncha”, “Granxeiros” e o caprichoso pretor de “Romanos”, e seccións como “Galicia no Tempo” ou “Agochados” incorporaranse pouco a pouco ao programa, compartindo tempo e protagonismo con outros, ben coñeci