Yésica, unha nómade empedernida, moi pallasa e dinámica, como ela se define, busca pedirlle matrimonio ao seu mozo Dani, un home valente e positivo cunha historia persoal tan fermosa como dramática, capaz de superar un accidente que o deixou sen unha perna.
Coa complicidade da súa amiga Paula, percorren Galicia buscando os preparativos da súa voda mentres Dani pensa que o están gravando para outro programa de televisión. Pero o engano a Dani non será o único escollo para lograr o anhelado si: unha carreira contra o reloxo e os impedimentos no camiño fan perigar os obxectivos de Yésica e da súa cómplice.