Laura, unha artista polifacética asentada na Coruña, prepara unha pedida de man e unha voda por sorpresa ao seu mozo Alejandro, banqueiro de profesión pero coleccionista de antigüidades de corazón. Laura contará coa axuda do seu irmán Rafa para buscar os mellores preparativos para o día da voda, mentres, Alejandro pensa que está a grabar un programa sobre o seu local.
Por se fose pouco preparar unha voda en 48 horas, a noiva terá un obstáculo adicional: traballa no mesmo local que Alejandro e iso fará que as sospeitas aumenten.