Ana e Miguel son unha parella moi singular, posto que el é sancristán da parroquia de Randufe, pero son uns fanáticos das orquestas e da festa. Ela quere prepararlle unha pedida de man por sorpresa, mentres el pensa que vén a un programa distinto a falar da súa profesión.
Ana non estará soa; terá como cómplice a Sara, a nai da Miguel, a persoa que mellor coñece ao noivo, que terá que axudala a atopar os mellores preparativos para a voda. Aínda que non sexa unha tarefa sinxela, as dúas culpables poñerán todo en xogo para conseguir o si de Miguel.